Despois do éxito da súa guía da galiza máxica, o escritor e fotógrafo vítor vaqueiro, que en 1983 recibiu o premio da crítica española polo poemario a fraga prateada, fai unha incursión no mundo da narración curta. o resultado é literatura ambiciosa e esixente, ao tempo que rebordante de tensión ética e estética, na que as lembranzas persoais e a memoria colectiva percorren un único camiño. nos dez relatos que integran os xenerais de africa, recréase un espazo xeográfico claramente definido e chégase, partindo de escenas situadas en vigo, a un tratamento intenso de temas universais.
