Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «a carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «algures». a través dos seus ollos, santiago lopo mergúllanos na galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día. cun abano de personaxes sorprendentes, o humor, a intriga e a denuncia social mestúranse nunha trama orixinal narrada de forma directa que nos apreixará dende a primeira páxina.
